Praza Avogados é un despacho de profesionais do Dereito de ampla traxectoria e recoñecida experiencia que continúa, nun novo ciclo ampliado, o labor do despacho Salgueiro Armada Avogados establecido desde o ano 1972 na cidade da Coruña.
Os integrantes do despacho contan cunha dilatada carreira profesional, asumindo o relevo nunha nova etapa que está asociada á colaboración de máis profesionais, novos ámbitos de actuación e atención integral dos seus clientes.
Praza Avogados avala coa súa dilatada experiencia e resolución de miles de conflitos no público e privado a mellor e personalizada atención no asesoramento e defensa das persoas que confían no noso despacho os seus intereses.
Os avogados de Praza Avogados acreditan plena solvencia na solución e defensa dos seus clientes nas distintas especialidades propias do Dereito Administrativo, Civil, Mercantil, Penal e Laboral.