Sancións impostas durante o Estado de Alarma derivado do COVID-19
Desde Praza Avogados seguimos atentos á instauración e aplicación do réxime punitivo derivado das medidas extraordinarias impostas polo Estado de Alarma.
Ben sexa no ámbito penal, ben no ámbito administrativo, Praza Avogados asesora e defende os nosos clientes de calquera continxencia provocada polo novo escenario de alarma, porque os Dereitos Fundamentais non están suspendidos, só parcialmente limitados, e as garantías de defensa deben continuar intactas.
Neste sentido, o noso colaborador académico, o catedrático Carlos Amoedo Souto, vén de publicar un profundo estudo sobre estas cuestións no último número da revista El Cronista del Estado Social y Democrático de Derecho, que se pode consultar nesta ligazón:
http://www.elcronista.es/El-Cronista-n%C3%BAmero-86-87-Coronavirus.pdf