O despacho

Praza Avogados é un despacho de profesionais do Dereito de ampla traxectoria e recoñecida experiencia que continúa, nun novo ciclo ampliado, o labor do despacho Salgueiro Armada Avogados establecido desde o ano 1972 na cidade da Coruña. Os seus integrantes despois de desenvolver a súa carreira profesional asumen o relevo nunha nova etapa que está asociada á colaboración de máis profesionais, novos ámbitos de actuación e atención integral dos seus clientes.

Praza Avogados avala coa súa dilatada experiencia e resolución de miles de conflitos no público e privado a mellor e personalizada atención no asesoramento e defensa das persoas que confían no noso despacho os seus intereses.

O noso equipo

team_image

Pablo No Couto

Licenciado en Dereito pola UDC, é membro do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña desde 1997. Responsable da area de Dereito Público, está especializado na xurisdición contencioso-administrativa e no asesoramento da Administración Instrumental, Corporativa e Fundacións, exercendo o cargo de Secretario en varios Padroados.

Mail
team_image

Mónica Paz Vila

Licenciada en Dereito pola USC, é membro do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo desde 2008 e do da Coruña desde 2012. Responsable da área de Dereito Civil. Especialista e Master en dereito concursal, mediación, dereito de familia, dereito patrimonial e bancario. Tamén dirixe desde 2010 a oficina aberta no Valadouro (Lugo).

Mail
team_image

Marta Pato Diéguez

Licenciada en Dereito e diplomada en estudos avanzados en responsabilidade civil pola UDC, é membro do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña desde 1998. Master en mediación. Responsable da área de Dereito Mercantil. É administradora concursal, participando en diversos concursos, designada polos xulgados do Mercantil. É especialista no campo do dereito civil e mercantil.

Mail

Colaboradores

team_image

Carlos Amoedo Souto

Colaborador académico.
Doutor en Dereito.
Profesor de Dereito Administrativo na UdC.

Mail
team_image

José Ángel Brandariz García

Colaborador académico.
Doutor en Dereito.
Profesor de Dereito Penal na UDC.

Mail