DOGA 15/06/2020 Ampliación suspensión prazos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 15 de xuño de 2020 a Orde pola que se amplía ao 2 de novembro de 2020, a suspensión dos prazos para a presentación das autoliquidacións dos impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITP-AXD); de sucesións e doazóns (ISD) e os tributos do xogo.

Deste xeito, todas as autoliquidacións destes tres impostos cuxo prazo vencía a partir do 14 de marzo –día da entrada en vigor da declaración do estado de alarma- poderán ser presentadas na Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) ata o 2 de novembro.

Esta nova Orde deroga a publicada pola Xunta o 27 de marzo, que estableceu unha suspensión no prazo de presentación dos principais impostos autonómicos ata o 30 de xuño ou un mes despois da finalización do estado de alarma.

CONSELLERÍA DE FACENDA. ORDE do 15 de xuño de 2020 pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento de determinados impostos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Praza Avogados